
Acórdeime hoxe dunha profesora de jallejo que tiven no instituto o siglo pasado.
Non sei como se chamaba, poñámoslle Wikipedia.
Era un pau, deljadiña e cunhas jafas imponentes.
Parecíase á Señorita Rottenmeier, pero polo que nos contou un glorioso día na clase, era unha fiera sexual.
Por iso ma cordo dela.
Por ese día.
Chegaba ela da súa luna de mel, viña eufórica, fora a Portugal, ó Algarve.
¡Unha jloria aquilo, pricioso!
Nós pensábamos que xa estaba, que xa iba a empezar coas "os" abertas e pechadas, pero ka!
¡A que se abriu foi ela!
-Practiquei toda-las posturas sexuais que podades imaxinar naquel Hotel.-espetou de medio lado escenificando algunha delas.
Quedamos todos pámpanos a mirar pra ela.
-¿Podería repetir?-preguntou unha chavala despistada pensando que era un dictado.
-Claro, claro que podería repetir,- contestou a profe- é mais, estou aquí con vós, pero estou pensando no sexo.
-¡Redios!-Exclamou o meu compañeiro-¡Pois por nós non quede coas janas!
-Jijiji-soltou Wikipedia xa media colorada-A verdade e que ganas non me faltan, pero eu son moi profesional e vouvos dar a clase.
-¡Non, non!-soltei eu vendo que se nos iba, daquela xa estabamos practicamente todos mornos, tirando a quentes-Cóntenos mais dese estupendo viaxe, eu por exemplo nunca estiven alí.¿Non grabaron ningún video?-preguntei esperanzada.
-Non vos quero aburrir, pero queda pra outro día...
-¡E traia diapositivas se tal!-dixo a chavala despistada que xa empezaba a espabilar.
Inda estou a esperar eu por ese día.