Mostrando entradas con la etiqueta "Cousas". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "Cousas". Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de octubre de 2009

Circulando


Vindo po choyo no coche, escoitei un anuncio da DGT que decía:
"1 de cada 4 nenos que morren en accidente de tráfico non levaba o cinto de seguridad posto"
Con este dato supoño que os outros 3 nenos si o levaban.
A conclusión é que parece ser que resulta mais letal levar cinto.

Se realmente analizásemos os anuncios en xeral e concretamente os da DGT, poderíamos decir que:
  • morre mais xente co cinto posto
  • morre mais xente que non se droga
  • morre mais xente sobria
  • etc
Resumindo, sería millor que cos cartos que nos rouban nas multas, arranxasen estas carreteras que temos que son de pánico, sen señalizar, sen pintar, cheas de escorzos imposibles, e que non fajan mais anuncios perturbadores

miércoles, 7 de octubre de 2009

Pasivo agresivo


As veces penso no xeito no que nos manexan.

Por exemplo, co apagón analóxico, polo visto se non tes un tdt non mira-la tele, ¿e qué?,
Inda que a todos nos guste mirar as cousas que saen pola pantalla, teríamos que ser mais finos, tipo xogo do truco, e facer de conta que nos importa un carallo quedar sen tele, e que ningún de nós comprase o puto tdt
¿Quén sairía perdendo mais, eles, os donos das cadeas e das multinacionais, ou nós?

Se o pensas un pouco, seguro que hasta nos regalarían o aparato pra que seguiramos enganchados.

E así con practicamente todo.

"Muitas veces non facendo nada, faríase muito"-dixo Confucio, seica.