Mostrando entradas con la etiqueta "Biografías". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "Biografías". Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de marzo de 2010

miércoles, 13 de mayo de 2009

Sete artistas no medio das pistas




BERTOLOMEU (1815-1909)

Bertolomeu (Albeos 1815 – Cequeliños 1909). Deste artista total dicíase que facía os bocetos á machada. Nado nunha familia tan humilde que non chega a coñecer, tivo Bartolomeu unha infancia casi salvaxe que derivou nunha vida frenética e azarosa. A súa formación é esencialmente autodidacta e comenza, que saibamos nós, co seu 1º oficio que foi o de xornaleiro (“comecei a ler ós escambros”). Tras unha corta e escura viaxe a Cuba (1833-1838) onde traballa de mucamo, volta coas pilas carregadas de xeito tal que de aquí en diante non ten parada.
1839 – Estudia e desenrola diversos tipos de encofrado. Contrata indiscriminadamente cuadrillas de perliteros.
1840 – Inventa o mallazo, perfecciona o piazás.
1841-47 – Extruga, corruga e extrusiona. Funda “O bocoi” (1843). Disque lle oen falar en soños do “guatelé”.
1848-51 – Descubre por casualidade o moquero. Acuña o termo “ferralla”. Cando retella o solar natal dubida entre tella plana ou mixta; ademáis esixe unhas bridas, descoñecidas aínda naquel entón.
1852 – Flamea, apicona e apomaza. Traballos en estuco.
1853 – Comenza a abujardar por libre. Realiza interesantes ingletados.
1854-1861 – Nesta tempada céntrase nuns escritos para a elaboración da “1ª tarima flotante do Condado”. Abandonaría o proxecto, asqueado, no 61. De ahí en diante, ata o 69, traballa en Portugal como empreiteiro pra sanea-la economía. Fala con naturalidade do sargento e da mordaza.
1870-73 – No cárcere por isto último. Publica “¿Quen tomou esta plaqueta?” (1872) costeado por él mesmo e que é vítima da indiferencia xeral. Descubre o chiclé e o cliché.
1873-1890 – Asume frenéticamente a súa liberdade. Sen tomar 1 respiro comeza encofrando totalmente o solar natal, a súa obra mestra, ademáis de bolear, nifar e inxectar persoalmente noutros proxectos paralelos.
1891-93 – Cobra unha paghiña de axuda da Agrupación de Pretensados en Buenos Aires. Preside 1 seminario sobre o pladur.
1895-1901 – Escribe, sobre todo: “1/2 caña” (1896)- AUTOBIOGRAFICA, “Velux” (1898)- POEMAS e “O Vaporizador Atomizante” (1901)- CIENCIA-FICCION.
1902-1908 – Crea o poliexpan. Galvaniza unha garlopa.
1909 – Morre en Cequeliños. Deixa escrita a palabra “formatear”.


M.A.L.