viernes, 11 de noviembre de 2022

O DÍA CO PULJA ATROPELLOU A PROCESIÓN

 



-¡Ostiaaa!¿pero que iba mamado?-regurgitou Braulio así coma pousou o vermú.

-Sejún lle dixo ós picoletos reflejoulle o sol no parabrisas e nin os mirou.

-¡Home, pero era unha procesión!

-¿E qué? como era unha procesión poden ocupar toda a calzada e pista, ¿xa està?

-Esa curva é mui pechadita-Clarificou o Pisas-e o Pulja non contaba con toparse a trinta fulanos ajarrados a unha virgen.

-Disque atropeullou a oito ou nove e zampou ó cura polo aire.

-Pero non matou a ninguén-declarou o cuñao- Eu díjoche que se ten o coche asejurado pringa a procesión, porque ti tes que señalizar o choio cuns municipales ou aljo, non levaban nin chalecos de luces siquiera.

-Despois chejaron alí a facerlle a proba, iban dous, el ioutro, e deron positivo en todo, acabaron coas pirulas de lapar e sejían dando, pasadísimos, levaban sin ir a cama derde o viernes, iso foi o que os jodeu.

-Seica viñan pra Salceda a tomar unha copa.

-Pero bueno menos mal que era un seiscentos, un cochiño así piquiniño, se cheja a ser un furjón arrasa con todo, acaba co cristianirmo en Arxén.

-Pois tamén tivo mala suerte-dixo Braulio referíndose sabe dios a qué.

-Mala suerte si, porque ti ves así tranquilo un día de sol e despístaste un momento e de repente un cura, frenas pero xa non da tempo, pódelle pasar a colquera.




No hay comentarios:

Publicar un comentario