Mostrando entradas con la etiqueta "días de choio". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "días de choio". Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de noviembre de 2009

MADRUGAR


Sigo pensando no malísimo que é madrugar.
Non mo quita nadie da cabeza,
ademais, considero que perturba as facultades mentales e físicas hasta o mediodía polo menos.

Xa é un logro pra min recoñecer onde desperto, despois penso en porqué teño que erguerme tan cedo se é sábado,
cando caio na conta de que é martes xa levo uns bos 10 minutos de reflexión sobre o tema.
Non desperto nin debaixo da agua.
Logo cheja o ritual de prenderlle lume a taza, vota-lo azúcar no cazo ou revolver o azucareiro.
¡Pricioso!
As veces meto a taza na panera.

Acto seguido paralízome no medio da cociña intentando saber pra onde queda o Norte.

Cando por fin arranco, xa levo posto o piloto automático, e atópome de repente pasando por diante do Witiza sen darme de conta de cómo chejei alí.