viernes, 12 de febrero de 2010

Un cabalo chamado Cólera


¿Quen montou nel?

Un gigoló en bicicleta


Fujimori era un rapaz bastante fino para pretender ser parvo.
Tiña unha paguiña e vivíache ó día.
Gustáballe moito andar na bicicleta e tiña el un estilazo pra darlle os pedais que xa quixeran moitos.
A súa técnica consistía en dar unha pedalada e esperar ata que a bicicleta perdera vano pra darlle outra, así, ó mellor, podía recorrer a distancia dun kilómetro con catro pedaladas.

Fumaba bastante e estáballe prohibido beber, porque cando o facía púñase parvo e as veces ata violento, pero el conseguía chuchar indo polos bares a beber café con gotas, e acaba acelerado e borracho todos os días.

De cando en vez, Fujimori, deixábase levar pola súa fantasía e imaxinábase galante e ben parecido, o carón dunha fermosa rapaza a beira do mar, ¡el que só coñecera as Pozas da Carroucha!
Colleríalle da man, como vira facer nunha película a Cary Grant, e estamparíalle un cándido biquiño na meixela.
Todo moi católico.
Tamén tiña aspiracións poéticas, e inda que non moi ben, escribira unhas cantas estrofas que interpretaba para un público entregado, formado por varios cans e unhas poucas galiñas, como un auténtico declamador grego.

E así pasaba o tempo.

A parte da paga que tiña por “parvo”, Fujimori sacábase uns cartiños pola súa conta facéndolle favores a algún que outro veciño.
O que mellor lle pagaba era un velliño do barrio do Trancón, tiñan unha relación profesional baseada na discreción mais ca outra cousa.
O choio consistía no seguinte:

Fujimori ía a súa casa tres días por semana para darlle polo cu ó vello na bodega, e este pagáballe deixando un billetiño debaixo dunha tella, que Fujimori collía ó día seguinte cando daba o seu paseo en bicicleta.

As veces que non ía na bicicleta, era porque na noite anterior tíñanse cambiado as tornas e alguén lle dera polo cu a el.

Esta felicidade íase truncar

Sucedeu que, unha noite, cando Fujimori e mais o vello andábanche a brincar na bodega, o vello quedouse teso e Fujimori non se deu de conta ata rematar a faena, cando o soltou, o velliño caeu redondo no chan da bodega e quedou alí escandornado cos pantalóns polas canillas e o cu ó aire.

O rapaz achegouse a el asustado, deulle uns toques coa puntiña do pé, pero o home non se movía.
Morreralle no medio do acto.
¡Matárao el de gusto!

Fujimori colleu a súa bicicleta e marchouse á buscalo médico, desta volta dáballe ós pedais coma calquera outro mortal.

Así como chegou á casa do médico, petoulle na porta e abriulle a criada.
-¡Dighalle a Don Parafuso que o señor Guindastre ta tirado na bodegha e non se erghe!

Cando o médico entrou na bodega e mirou o panorama, preguntoulle ó Fujimori que fora o que pasara alí.

-Eu taba aquí e o señor Guindastre tiña calore e baixouse de pantalóns e caiu aí coma un mallo, e xa non se ergheu. Eu non sei que lle pasou.
-¿Tiña calor? ¿e por qué non quitou a camisa en vez dos pantalóns?
-Tería calor nas pernas.
-Xa, xa.

Don Parafuso examinou ó vello e chegou a conclusión de que morrera dun ataque ó corazón.

Fujimori gardoulle tres días de luto, pero quedouse co susto pra sempre.

martes, 9 de febrero de 2010

Moo



Moo estaba a pensar en "cousas"

Durmía pouco porque tiña medo de estar a perderse algho interesante mentras tanto.

Tiña a casa chea de importantes trangalladas inútiles,
baules vellos, unha enchenta de libros e un compás vikingo.

Aghora mismo andaba a darlle fino a unha botella de Black Bush
e matinando no xeito de convertirse na Reina de Europa.
A noite antes finjira ser Lillian Gish na "Noite do cazador"
e pasara toda a noite sentada nun banco cun rifle á espera do home AMOR-ODIO.
Non viu.

"Éche mui limitado ser sempre un mismo
justaríame ser outra persona
unha diferente cada día, sempre.
¡Esta vida quere outra!
Mañán podería espertar sendo un rapás de California
ou unha jicha de Varsovia"

Mandoulle outro tragho.

"É perde-lo tempo pasar cen anos sendo a misma persona"

Inda que por fora tivera millóns de arrughas e o pelo blanco, Moo érache noviña.

"¡A puta Reina!"-bramou Moo, mentras caía da silla outra ves.

viernes, 29 de enero de 2010

Dorothy Podber


Este é o obituario de Dorothy Podber sacado do periodico "El País" fai uns par de anos:

Dorothy Podber, la artista excéntrica por excelencia, falleció en su apartamento del East Village neoyorquino el pasado 9 de febrero, a los 75 años. Miembro ocasional de la famosa Factoría de Andy Warhol, se definía a sí misma como una "mala persona". "Jugarle malas pasadas a la gente es mi especialidad", dijo. Su confidente y amiga durante sus últimos 20 años de vida, Herndon Ely, dice de ella que cuando la conoció "era una gánster", pero que cuando murió "era toda una terrorista".

A Podber se la recuerda por sus locuras artísticas transitorias. En el otoño de 1964 acudió a la Factoría Warhol en la calle 47, con su perro gran danés. "La fiesta le aburrió soberanamente", recuerda Ely. "Estaba tan aburrida que le preguntó al artista si podía disparar a los lienzos de Marilyn Monroe. Era un momento muy delicado, porque Marilyn había muerto dos años antes". Warhol pensó que su amiga quería disparar unas fotos, y le dio permiso. Podber le obligó a decir en alto ante todos los asistentes: "Le doy permiso a Dorothy Podber para disparar a mis cuatro Marilyn".

Podber se fue a casa y volvió con sus "guantes de disparar", de piel blanca. Sacó una pistola y les plantó cuatro tiros a otros tantos cuadros. Fue demasiado, incluso para el rey de la provocación, que dijo que Podber "le ponía los pelos de punta". Claro que la Marilyn sobre fondo rojo con un balazo en la frente se vendió en 1989 por cuatro millones de dólares.

Ella se consideraba artista total, una reina del happening. Así, bajo las órdenes del artista Ray Johnson, representó en las calles de Manhattan y en pleno día la escena de desnudo en la ducha de la película Psicosis, de Alfred Hitchcock. Otras de sus actuaciones son difíciles de clasificar. Durante una temporada dirigió un servicio de limpieza doméstica que era una tapadera para que sus empleadas acudieran a las clínicas y consiguieran las llaves de los armarios donde los médicos guardaban medicamentos y drogas.

Podber nació en el Bronx en 1932, casi de casualidad. Su madre intentó, sin éxito, tener un aborto tirándose por las escaleras del metro. Su padre regentaba un bar ilegal a las órdenes del gánster Dan Schultz. Al quedarse ciego, sobrevivieron de un quiosco.

Desde pequeña, Podber quiso ser psiquiatra, aunque nunca estudió nada. "Nunca me ha gustado trabajar", dijo en 2006 durante una entrevista con el escritor Joy Bergmann.
Se dio a las drogas y al alcohol y trabajó en la galería de arte Nonagon. Bisexual declarada, se casó tres veces -una para conseguir la residencia para un mexicano, por 1.000 dólares- y fue amante de políticos, banqueros y artistas. El gran amor de su vida fue Lester Schwartz, también bisexual. A su muerte, en 1986, Podber se hundió en la tristeza. "Sufría de esquizofrenia, y su enfermedad se apoderó de ella", comenta su amiga Herndon Ely, que se mudó con ella "para cuidarla". Estuvo a su lado hasta el último día.

Podber Llegó a ser detenida por un aborto practicado en su casa. Se declaró culpable y dijo haber permitido el aborto por ser budista. El juez entró en cólera y la condenó a "aprender a ser una señorita". Por unos meses sólo salió a la calle con guantes largos, gorro enorme, blusa de volantes y peinado impecable.

En estos últimos años, Podber sobrevivía con una ayuda de menos de 700 dólares (490 euros) de la Seguridad Social. "Nunca fue una persona muy política", añade Ely, pero "cuando se enteró de que habían intentado estrellar un avión contra la Casa Blanca en 2001, simplemente dijo: 'Por lo menos lo han intentado".

Una de sus últimas obsesiones artísticas fue un paraguas que le regaló Ely con un Pato Donald, de Disney. Su último gran deseo, según Ely, fue viajar a Washington "para demostrarle al presidente George W. Bush lo que se podía hacer con un paraguas del Pato Donald".

jueves, 21 de enero de 2010

A miña profesora de Jallejo



Acórdeime hoxe dunha profesora de jallejo que tiven no instituto o siglo pasado.
Non sei como se chamaba, poñámoslle Wikipedia.
Era un pau, deljadiña e cunhas jafas imponentes.
Parecíase á Señorita Rottenmeier, pero polo que nos contou un glorioso día na clase, era unha fiera sexual.
Por iso ma cordo dela.
Por ese día.

Chegaba ela da súa luna de mel, viña eufórica, fora a Portugal, ó Algarve.
¡Unha jloria aquilo, pricioso!

Nós pensábamos que xa estaba, que xa iba a empezar coas "os" abertas e pechadas, pero ka!
¡A que se abriu foi ela!

-Practiquei toda-las posturas sexuais que podades imaxinar naquel Hotel.-espetou de medio lado escenificando algunha delas.
Quedamos todos pámpanos a mirar pra ela.
-¿Podería repetir?-preguntou unha chavala despistada pensando que era un dictado.
-Claro, claro que podería repetir,- contestou a profe- é mais, estou aquí con vós, pero estou pensando no sexo.
-¡Redios!-Exclamou o meu compañeiro-¡Pois por nós non quede coas janas!
-Jijiji-soltou Wikipedia xa media colorada-A verdade e que ganas non me faltan, pero eu son moi profesional e vouvos dar a clase.
-¡Non, non!-soltei eu vendo que se nos iba, daquela xa estabamos practicamente todos mornos, tirando a quentes-Cóntenos mais dese estupendo viaxe, eu por exemplo nunca estiven alí.¿Non grabaron ningún video?-preguntei esperanzada.
-Non vos quero aburrir, pero queda pra outro día...
-¡E traia diapositivas se tal!-dixo a chavala despistada que xa empezaba a espabilar.
Inda estou a esperar eu por ese día.

miércoles, 20 de enero de 2010

What a friend said to another.


Friend-Do you know what Love is?

I mean, not the one you feel for your parents, friends or pets,

but the one that makes you crazy,

the one you can die for, you know?

what gives meaning to everything,

the one that makes you share your entire life

with that particular person,

you know what I really mean?

Have you ever felt that?

Another-Fuck yeah!, Who do you think I am?

I remember having that feeling for almost five minutes!

lunes, 18 de enero de 2010

Consellos dun abuelo a unha neta de catro anos:


-Non te metas con nadies, pero se tes que zorrejarlle unhas ostias a un fulano calquera,

primeiro dalle no narís,

despois podes darlle na nós ou entre as pernas,

procura acertarlle.

-O millor lugar pra votar unha mixada é aquí, o lado deste canastro,

fíjate como se sinte o airiño de Portugal polos collóns.

-Pódes beber o viño que queiras que non che fai mal,

sempre que teñas unha codia de pan pra comer, non hai problema ninjún.

-Se vas de festa a Rubiós,

deixa sempre un estadullo no monte.

-¡E non te fies dos curas, que eses jíbaros teñen mais fillos ca min!