viernes, 15 de febrero de 2013

Duardo!



Sempre recordaren un viaxe que tiven que facer en autobús desde Lugo ata Vigo.
Aquilo foi unha performance en toda regla.

Fora as festas do San Froilán, recordo que apañen unha turca considerable e quedamos a durmir nun coche con 2 fulanos que acabábamos de coñecer a miña prima e mais eu.

Pasámo-la noite en vela, fumejando coma condenados, recordo que un deles contábanos a súa experiencia cun teléfono erótico ó que chamaba invariablemente.

-Eu chámolle alí e entón ponse toda melosa a falarme da miña pirola e tal e vou eu e díjolle asi: ¡Faime a mona!, e pártome o cú amigo, porque quédase apampanada de todo, entón vou eu e fájolle a mona.

Tamén tivemos unha disertación bastante amplia sobre Espinete e "Gordinflón", non sei porque non eramos capaces de recordar entre os 4 o nombre de Don Pimpón.

O caso, que pola mañán estabamos mais mamadas que pola noite, pero fumos quen de colle-lo autobús de volta.
Entón , estando xa acomodadas pra votar 1 soneca, miramos entrar pola porta do autobús a un fulano cunha borracheira de 4 pares de collóns, debía de ter uns 50 anos e non se tiña en pe case.
Balbuceoulle ó conductor aljo e sacou 2 billetes, cando xa pensabamos que estabamos ante unha representación humana do coma etílico, apareceu detrás del unha muller, que debia de ter 80 anos como pouco, que estaba todavía pior ca el.
Resultou ser a nai.

Pa chejar os asientos tropezaron en todo o que había, votoulles unha media hora boa chejar a eles.

-Duardo-decialle a nai- no me encuentro bien Duardo, no se que tengo.

Que iba ter, que estaba tajada a muerte.


-Mamá, eso fue que te cogió el frío cuando nos subimos a las barcas, ¿te acuerdas de las barcas mamá?

Buenísimo.
Entón murmuraban en baixo aljo imperceptible e a vella empezaba a roncar como 1 jabalí, de repente o tal Duardo levantábase e marchaba a sentarse atrás, ó lado duns gitanos que tampouco perdían detalle.

-Que hija de puta la vieja esta, no la aguanto, a ver si se muere de una puta vez.
-¡Ques tu madre pallo, como le vas desear la muerte a tu madre!

Ahí era cando a vella espertaba e miraba que o fillo non estaba.

-¡Duardo!¡Duardo!-gritaba ó tempo co conductor votaba unha mirada de reollo polo espello- ven con tu madre Duardo, ven con tu madre que me encuentro muy mal.

Toca o Duardo a xunto dela a darlle o pronóstico.

-Mamá, es la tensión, tienes la tensión baja mamá, seguramente por la altura a la que nos encontramos, ¿te das cuenta mamá?.
-Sientate aquí con tu madre.
-Sí mamá, ya me siento aquí.

Dalí a un pouco, outra vez o Duardo que lle escapa á vella.

-Yo es que la mato, la mato aquí mismo.
-Eso e de mal nasío-decianlle os gitanos que tronzaban coa risa.

O conductor taba xa medio mosca, subíalle o volumen a radio e tomaba as curvas a toda ostia, era coma cando ibamos de excursión no colegio.

Despois de varias representacións similares desta trama e de que o autobusero lles pedira amablemente polo micro que non fixeran barullo por favor, a vella espetou un grito descomunal.

-¡DUARDO, VEN CON TU MADRE, DUARDO...!

Ó autobús chiáronlle as rodas do frenazo que pejou, todo dios calado, levántase o conductor coa vena inchada na frente e dirígese como un misil á vella.

-¡Me cajo en dios señora, xa non llo repito mais, coma a volva escuitar outra ves zampoa do coche abaixo!

Silencio.

Entón a vella queda a mirar pro conductor con cara de pena e espétalle toda cheiña de razón.

-Señor, digame usted, ¿qué mal hay en que una madre quiera que su hijo viaje con ella en el autobús?

O conductor pasouse a man pola frente, suspirou, deu media volta e sentouse de novo.
Colleu aire, sacou un pitillo e puxo unha cinta de Raphael a todo tren pisando pedal ata Vigo sen parar.





lunes, 24 de diciembre de 2012

Noiteboa





Situación:
1 Tenda-bar calquera, non se dan nombres, televisión coas noticias a todo tren. Día de noiteboa...

-Anda o Rajoy a falar dos soldados eses que andan pra alá na quinta ostia.
-Pero ¿quen os soldou entón?, ¿non poden vir pra cá?
-Non home, escuita, non é o mirmo soldado ca soldador.
-Eu mirara unha pelicula buísima que era o "Soldador Universal", que andaba a enredar cuns electrodos ou a virgen.
-Pois sería coa virgen.
-Arrequichaba aquelas pernas que era 1 jloria miralo oes.
-Bueno pero, ¿a que hora é o discurso do rey?
-Este ano sale a falar a cabalo dun elefante, disque.
-A min dame injual o rey, ca Miliki de borbón ou o Langarín, xa lle poden dar polo cú a todos.
-Cala que inda dan as jracias.
-Eran capaces os hijos de puta.
-Janan un bo sueldo.
-¡Cajo en dios!
-Mándalle outra.

Entra unha señora, cara de vir da misa, mirada desigual.

-Boas tardes.
-Boas si, depende pra quen.
-Quería unha barra de pan
-Xa non queda
-Andamos a ajarrarlle a sotana o cura e quedamos sin pan.
-Eu non lle ajarro a sotana ó cura.
-Non a de ser por janas.
-Escuite, eu non lle falten o respeto.
-Ese é o problema neste puto país
-Boas tardes, marcho por onde viñen.
-Xa é muito dicir.


Señora deixa o local ofendida, pero cheiña de razón.

-Esta é 1 hija de puta de cuidado, conozoa eu, e desas fruncidas, cada burro no seu mollo, rachala alpaca o medio e andando.
-Bueno, non te fajas mala sancre.
-O que é malo e o viño ostia, vota outra "chiquita" dime porque...

sábado, 24 de noviembre de 2012

Russian Bomber



Que raza más extraña
todos tienen la misma cara,
dicen las mismas cosas,
follan con la misma tía
y todo está ya escrito aquí
con letra pequeña.

Sólo confío en mis zapatillas
¡Maldita dislexia!

Dos mujeres
hablan a mi lado
hablan sin parar
hablan de sus novios,
de sus maridos
y sus amantes
son la ostia en resumidas cuentas,
teñidas del mismo color
y triunfando de la misma manera.

Y cada vez escribo peor,
pero ellas no se dan cuenta
expanden su monotonía
por encima de la mesa.
Me dejan acojonada
agarrada a mi cerveza.

Mientras tú servías en Vietnam
yo chupaba cubalibres en el Chilaba amigo.
Lo dejo todo para la barra del bar
y los Charlies en mi cabeza.

¡Prepárame un Russian Bomber
como tú sólo sabes!
Puede que haya perdido 1 tornillo o 2
y además,¡me cago en dios!

martes, 6 de noviembre de 2012

make the pear?




Inglaterra.
Pois si, eche un país ben coidao,
parece Galicia, pero con xeito, eu que sei.
Alí non te perdes inda que estés ata arriba.
Isto, curiosamente, comprobeno varias veces.

O día ca miña prima a mais nova tiña que volver pa España acabamos coas pintas todas do Pub.
Ibamo-las dúas arrastro xa polas calles,
recordo que caímos a rebolos polas escaleiras dun autobús de 2 pisos
iso si, dixémoslle "Thank you" ó fulano do bus porque por aquel entonces eramos super-educadas.

Íbamos a tumbos hacia casa, cando vislumbramos unha festa nun piso cheiño de fulanos,
un deles asomouse e fíxonos acenos pra que subíramos, ou iso interpretamos nós.
Alá fumos coma fuejos, aqueles rapaces tiñan un cutis extraordinario,
entre eles estaba Chris, un rapás carismático que lle daba o alcolismo con muita personalidad.
Justábame.

Mentras miña prima facía manitas cun tal Shane, que bebía té por certo, eu dedicábame a vagar de man en man, andaba bastante libremente polo piso, recordo que pra ir ó baño tiña que pasar por riba dunhas poucas de camas nas que se estiraban sendos jichiños que non sei que facían alí, pero pasei unhas cuantas veces... ajora que o penso, pode ser que nin siquiera fixera falta pasar poriba eles, pero eu considerei que era necesario.

Nun destes viaxes atopeime con Chris tumbado alí e fixen unha parada no meu periplo.

Non recordo moi ben que clase de conversación intelectual tivemos, pero si que me dixo que tiña unha moza danesa escultural e que por favor lle dera un abrazo, non lle mirei relación ó asunto, pero dinllo.

Estivemos así un bo anaco, entón escuiteno roncar e quedeime a mira-lo con ollos febriles por supuesto, pensei en propasarme con el dalgunha maneira, pero xusto cando xa estaba agazapada coma 1 loba, fun testigo dun acto extraordinario:O Chris fíxose 1 pera dormido.

¡Sí señor!

Quedei hipnotizada.

Miráballe pra cara e pras mans case o mesmo tempo, non sabía onde atender.
Retorcíase, xemía baixiño, aquela man era máxica, eu intentaba aprender o mais posible daquela técnica, pero a situación superábame.
Imaxinaba ós seus antepasados facendo lume dun pedernal coa misma intensidade.
Era 1 chulada, sentenme na cama, pillei uns manises e observei tranquilamente as evolucións de Chris no seu onanismo onírico, aquilo non tiña fin.

¿Cómo é posible que non esperte machicándose desa maneira?-pensaba eu-Pero ti fíjate nisto, co fríos que parecen os ingleses, ¡isto é puro fuejo!

Tamén me preguntaba se os demais rapaces tiñan estes auto-ataques e non se lembraban despois.
Dábanme janas de tomar notas.

Cando todo este despliegue rematou, collín a miña cerveza e mandeille un trago largo, aparteille o pelo dos ollos e dinlle un bico.

Lojo respirei.

Marchei pra casa coa miña prima pensando no muito que aprende un viaxando e no ben que o debía de pasar a tal danesa.



martes, 16 de octubre de 2012

A pandereta


O outro día recordei un suceso que precipitei eu
estando en 4º de E.G.B.
Si.
É ese curso no que todavía andabas en mandilón, pero xa tiñas compañeiras que puñan sujetador.
En 4º soltas unha persona no medio de tripi e non se dan conta.

Eu sempre fun de raza tímida a mais non poder, cada vez que me sacaban á pizarra facíaseme un nudo no estómago, sufría, quedaba sen respiración e tiña varios ataques seguidos ó corazón, en fin, resumindo, non me gustaba un carallo estar diante da xente como se fora un tiro ó pichón, por iso o que fixen en 4º non ten pés nin cabeza pra min.
Fun víctima dalgún tipo de posesión.


O caso, unha tarde levaba eu unha pandereta na mochila, que carallo facía alí aquela pandereta inda non o sei hoxe, pero alí estaba, e deume por coller e levantarme do meu sitio sin que ninguén mo mandara previamente e achejenme a profesora.

-Señorita-díxenlle-eu teñoche 1 pandereta.
-Ah muy bien, me parece muy bien.-Ela érache de Pamplona.

Houbo aquí un silencio.
Como miraba que non daba arrancado, insistinlle.

-Pero mire que a teño aquí, na miña mochila, se quere podo tocarlle 1 peza a enredar.

Miroume como quen mira un sabañón.

Sen esperar resposta, non fora a ser que se me enfriara, saqueime de pandereta e empecei a darlle diante de toda a clase, de ves en cando mollaba un pouco os dedos, como lle mirara facer á miña abuela, e veña, zumba pra diante.

De repente 2 chavalas de Fornelos, que tiñan sempre uns coloretes bastante sospechosos, saíron á pizarra e mandáronlle un punto alí de tacón, e outra rapaza de Rubiós, famosa por vir sempre en pantufas, espetoulle unha cantija de quilla que nin que fora ensaiado.

Nisto, apareceron as de 5º, que estaban porta con porta con nós, e escuitaron o barullo.

Ala vai, aquilo era un batifundo que nin dios, sacáronse unha bolsa de castañas, xa unhas a cabalo das outras, furando polo medio dos pupitres, eu que sei, unha orgía escolar e eu seguía alí dándolle a pandereta con toda a alma.

As profesoras quedaron a abanicar arrimadas á porta, (a outra era de Valencia), supoño que consideraban 1 vía de escape segura e non me extraña considerando que asistían a unha ida de olla colectiva en mandilón.

miércoles, 5 de septiembre de 2012

Pieces


Pieces.

Just find pieces.
Not yours, or his or theirs
or could it be?

Just pieces
and I dont know what kind
of history I could create from these

Pieces


Not even find the whole meaning
when I try to fix them.
There´s something missing
or is it my mind?

In pieces.


domingo, 2 de septiembre de 2012

Sed

Follármelos a todos
con rabia,
con saña
hundirlos en la sima que soy.
Y perderlos en esa oscuridad que me corroe.

No me va a dar tiempo, lo sé,
pero lo intento.
Como una salvaje, agarro lo que puedo,
lo que puedo.
Saco mi escoria a paseo, bien vestida.
No me observan.

Abrirme el pecho y que salga el monstruo,
que salga el monstruo que vive dentro,
sediento.

Y tiene sed de sexo.