Tabamos a mandarlle uns cubalibres, así a machada, eramos uns poucos, taba O Mococo, o Polispán, o Foskitos 5 e mais eu.
Foskitos acababa de ter outra ostia coa moto, pejouse un viaxe na saída dunha rotonda e aterrizou sen esforzo na terraza dun bar
-¡Voei!-foi o primeiro que dixo despois.
Xa tiña medio corpo composto de pezas de ferro e aljún tornillo.
Recordo que estabamos sentados todos nunha mesa que había fora a mirar o paisaje.
Somos muito de paisajes.
Foskitos 5 levaba unha chupa de pitrinas e cheiraba a colonia.
-Hoxe vou de nenas-explicou.
O Polispán votou a rir.
-A última vez que fun alá, taba alí unha chorbita que me fixo un número que ¡mima!
-Non a ser pa tanto, faríache o lógico coma a todo o mundo-dixen eu.
-¡Fíxome si, fíxome uns virajanchos o redor miña...bufff!
O Foskitos xa empezaba a quentar motores.
-Púxoseme enriba, así.-Foskitos levantouse da mesa e ajachouse no chan pra escenificárno-lo choio-Eu taba tumbado, bocarriba, atento, e ela ajarrou e ¡trau! xa me colleu por banda e veña, ¡zris, zras, zris, zras!
Pra darnos unha idea mais aproximada do que sucedera alí, Foskitos 5 cambiou de registro e meteuse no papel da chorbita.
-Ela así-empezou a move-la cintura como se bailara unha lambada-isto disque que se chama o helicotes-clarificou.
Estabámo-los tres a tomar anotacións daquel sistema, Foskitos tocabase os pezóns eretos, sejún decía iso pon muito.
-¡Entón xa collemos vano e duramente!
¡Cómo sudaba naquel chan!, Chejou a Señora Lola cos cubatas xustiño cando Foskitos 5 taba a pinar unha baldosa.
-Bueno, bueno, parece que vai cambia-lo tempo-dixo Lola pasando poriba do Foskitos cuidadosamente-¿e vos qué, tades traballar?
-Aquí o único que traballa e el-dixo o Mococo sinalando po chan.
Foskitos sejía dándolle a base de bien.
Xemía.
-Pois nós queríamos mata-lo porco este sábado-comentounos Lola como se tal cousa-a ver se hai suerte.
Foskitos 5 flexionaba sin parar, táballe sacando brillo a aquel chan coma unha pulidora.
¡Era un frenesí!
Entón escuitámolo oubear a tutiplén, extendeuse o eco polo valle todo da Estrema.
Quedamos parvos coa boca aberta a mirar pra el que se deixou cair resoplando.
Fíxose un silencio destes compactos e entón Foskitos manifestouse.
-¡Corrinme macho!
A señora Lola votuo a rir e díxonos:
-¿Queredes uns manises?
viernes, 8 de noviembre de 2013
lunes, 4 de noviembre de 2013
Juasa
-Manda carallo coas novas tenologías chacho-escupiulle nun oido Pelímetro ó Señor Pitrinas-ajora miras ós rapaces sentados o redor dunha mesa e todos coa cabeza jacha a darlle a unhas teclas ¡Mimá!
-Sonche as cousas modernas-dixo o Pitrinas.
-¡Nin falan!
-¿Pra que? xa saben de que vai o choio-lanzou O Pitrinas dándolle un lapazo a cunca.
-O choio vai quedar sen facer ¿ou é que van pinar polo teléfono?
-¡Non te extrañes!
-Dentro de nada xa van falar todo por señas, dijocho eu, a facer fijuras pra ahí e o carallo. A facer virajanchos coa cara, como eses moticonos ou a cona, un ri outro chora e veña ¡fiesta!
-Son deses sotirficados.
-¿Sabe-lo que che dijo?, que hasta aquí chejei.

domingo, 27 de octubre de 2013
Apreta os puños
Unha das actuacións mais vangardistas do meu abuelo foi a que representou unha tarde de finais de primaveira.
Estiveran a mallar na herba e viñeran a axudar Antonio do Coto e tía Narcisa
Ese día facía moita bofa e todos baldrucaron viño e augardente a base de bien.
O noso avó levaba unha melodía coma un piano
e cando chegou a hora da merenda entraron todos na cociña menos el,
que quedou a quitar o curuto da meda enriba dunha escaleira,
pero el non contara con que o curuto lle andivera de roda e que o desequilibrara inda mais do que xa estaba,
así foi como caíu agarrado á escaleira no medio da herba mallada.
-¿Qué foi iso?, ¿Non sentíchedes un broucazo?-preguntou a nosa avoa.
-Sentín si, parece como que caíra un balado.-contestou Antonio do Coto, que sempre estaba a rir e a falar de cousas relacionadas coa súa pirola.
-¿Onde quedou Santiagho?-preguntou tía Narcisa- ¿Non quedou o redor da escaleira?
-Quedou,¡ti queres ver que Santiagho matouse da escaleira abaixo!
Saíron todos coma lumes pola porta afora.
-¡Santiagho!¡Santiaghoooooo!-berraba a nosa avoa.
Nada.
-¿Onde estás Santiaaaagho?-chamaba tía Narcisa.
-A escaleira parece que está alí no chan.-dixo Antonio do Coto.
Miraron cara alá e entón á nosa avoa pareceulle distinguir algo no medio da herba.
-¡Ai mamaciña, xa lle miro as puntas dos zapatóns a saír por entre a herba!
Efectivamente, alá se foron os tres, pero cando chegaron atoparon un panorama digno dun cadro surrealista.
Nosa avoa contábao sempre así:
“Cando cheghei onda el e mireille pra cara, ¡dior mío nunca esquecerei a expresión daquel rostro!, tiña a boca torta, os dentes voáranlle polo airo e os ollos colghábanlle por unha tiaciña encarnada ata a punta do narís.
Imagina isto e pono en práctica nunha realidad cotidiana.
A renglón seguido a miña abuela tipo Grison continuou:
Conócese que debeu levar un gholpe por detrás da cabeza tan forte que lle saíron os ollos disparados pra fora.
Votei as mans á cara pensando que estaba morto, pero parece que foi dios que me dixo:colle forzas Rudesinda, apreta os puños.
E apretei os puños e metinlle os ollos pra dentro como puiden, púxenllos no sitio así, así- aquí xesticulaba co seu propio rostro- e dinlle uns lambisques na cara pra que reaccionara, pero el non se movía, entón viu Antonio do Coto cunha botella de aghuardiente e démoslle pola cara e a beber e parece que reaccionou.
Abriu os ollos e mirou pra nós espantado, pero xa parecía co sentido todo.
Sen cambio, os dentes non llos atopamos nunca.”
A sementeira
martes, 22 de octubre de 2013
Todo Jabalí
Meu pai sempre tivo unha obsesión cos jabalís.
As veces cando me levaba po colegio polas mañans e se cruzaba aljún por diante do coche,
decíame entre dentes sen apartar a vista del:
-¡Ajárrate!
Entón dáballe jas ó coche e embestíao coma un profesional.
Era superior a el.
Aljunha ves teño viaxado con aljún deles ós meus pes, mentras repasaba a lección.
-¡Vijílao, e se miras que se move arréalle!
Así chejaba eu a clase, cheirando a porco bravo.
Tamén sucedía isto aljún domingo que ibamos todos a dar un paseo co coche ben vestidos.
Xa estabamos adiestrados e cando chejaba o momento xa estabamos todos ajarrados coma fieras antes de que meu pai abrira a boca.
Unha ves tiven que deixarlle o meu asiento a un de camiño a unha boda.
Ten un radar pra eles que hai que quitarse o sombreiro,
é capás de sentilos así estén a varios kilómetros de distancia.
Soña con eles.
Tenlle marchado da cama a miña nai aljunhas noites, escopeta en man, a buscar o jabalí no monte.
Unha noite atopeno escondido detrás dun carballo vestido cun salto de cama e facéndome fijuras pra que liscara dalí que lle espantaba "o becho".
Unha ves estabamos a seja-la herba pra meda e de repente meu pai desapareceu, a renglón seguido apareceu a cabalo dun porco bravo bramando coma un vikingo, polo que nos deu tempo a ver, iba rillándolle unha orella.
Esa noite non viu cenar.
Apareceu o día sijiente semidesnudo cunha ourella de porco na man.
Pra desafojarse podou unha fijeira a tiros.
sábado, 12 de octubre de 2013
A única vez que estiven en Cuenca
Pois si, alá marchen eu pra Cuenca co meu cuñao,
disque casaba unha prima del e que alá eran unhas bodas da ostia e tal.
Chejamos pola mañán e nada mais entrar pola porta xa era aquilo un drama, que si o neno estaba malo, que si a sojra a chorar, que si o irmán estaba inda co chandal posto, que si a novia non se puidera peinar porque a peluquera taba borracha porque o home lle marchara cunha amija e tal e cual, vamos un cristo.
Meu cuñao espetoume a min o neno en brazos como se fora un fardo de herba.
-Da unha volta con el, eu vou levar a miña prima a peluquera.
E desapareceron todos da miña vista coma fuejos.
Alí quedei eu io anaco de rapás a mirar un pro outro.
¿Pero isto que é un neno ou un Casio?
O caso que collemos rumbo polo pueblo.
Parei nun bar no que andaban a tuma-lu vermú.
-Buenos días-dixen tranquilamente pousando ó neno na barra-un vermú.
Chupara uns catro vermús cando escuiten un barullo fora e saiu todo dios do bare a mirar uns touros que viñan a correr polo camiño.
-Son las fiestas del pueblo-díxome o home do bar-A correr las vaquillas.
Moi bien, pedinlle outro vermú a enredare e cambien o neno de lado.
Mandenllo de penalty.
Non choraba nada aquel neno, taba alí quietiño coma unha mandria.
Un rapás así da justo.
Salimos xustiño cando aquelas touras enfilaban pola calle do bar, ¡ah carallo!
¡ollo vivo pe lijero!
ajarren o neno debaixo do brazo coma eses que xojan o rubi e apretén a correr por ali abaixo
coma un tolo.
Mirei un trator a enfieime eu mai-lo neno alí debaixo ata que pasaron as tales vaquillas do carallo.
Puxémonos perdidos de lama, eu non tiña outro traxe pra ir a boda, así que bueno, tomeino con calma.
Pousén ó neno enriba do trator e limpeime un pouco como puiden.
Apareceu unha muller por unha porta e así como me viu xa me chamou.
-¿Se ha caido usted? venga que le limpio la ropa.
Alá fun eu, tiña a casa cheíña de santos e cheiraba un pouco a laca.
Frejou en min canto puido.
-Y entonces usted no es de aqui ¿verdad?
-Pues no-contestei-¿Y usted?
Non me dixo nada, sejiu dándolle ó traxe.
Pra cando sain pola porta iba limpo coma unha patena.
Entón fijeime que o trator xa non estaba.
Quedei un bo anaco coa boca aberta.
-¡Ajora si!-exclamei no medio de Cuenca-A peluquera borracha, a novia solteira, o Casio a dar voltas nun trator ieu frejado dariba a baixo.Tenche razón meu cuñao, aquí as bodas sonche a ordia.

lunes, 30 de septiembre de 2013
Es así
Se le ve feliz
se les ve felices
va todo bien
Una vida buena
está bien así
es así
Ella sonrie
Él también
todo bien
todo va bien
bien
bien
Suenan campanitas
sí.sí
campanas pequeñas y traviesas
en tu cabeza
nadie las toca
nunca
nunca
nadie.
ahí ya no hay nadie
pero está bien así
bien
bien
así está muy bien
Suscribirse a:
Entradas (Atom)