jueves, 20 de noviembre de 2014
Fanta
-Andan todos acojonados- díxome o Pousas.
A súa felicidad consistía en alcoholizarse espontáneamente en calquer bar, a ser posible cos amijos. Tiña setenta e pico anos e nunca o mirei doblar.
Blanca pola mañán, tinto pola tarde, dúas de cada el solo e veña, laberinto a tope.
O médico xa lle dixera que non podía ter tanta felicidad.
-¡Me cajo no dios que os fixo!-espetoume a renglón sejido-ajora xa non podo contar nin cos amijos, eu si veño aquí é pra beber unhas botellas con eles, se eu bebo eles beben me cajo na santísima, xa lles dixen o outro día que estabamos aquí e collín catro chiquitas e empézame o Pelico, non, eu non podo que o médico quitoumo, que teño o fijado coma unha pelota, e vai e mírolle pra man e vexo que tiña unha fanta, díxenlle así: nunca pensei que chejara este día.
-Iso pensei eu o día que miña nai afeitou o bijote.
-Teñen medo da morte, pero ¿qué contrato teñen coa morte?
-Creo que é fijo discontinuo.
-Pois o meu fíjado é por obra e servicio e de momento non ten vacacións.
O Pousas valdrucou a taza en dous trajos e miroume fijamente.
-Unha Fanta tiña na man, eu pensei que me daba mal hasta.
domingo, 2 de noviembre de 2014
Absenta
¡Puro fuejo ostia!
Jarjanta abaixo
O peito a arder.
¿pra que andar con chiquitas? dixo
¿pra que darlle máis voltas a caixa de cambios?
¡tómalla en quinta se fai falta!
E nisto, riu.
Jarjanta abaixo
O peito a arder.
¿pra que andar con chiquitas? dixo
¿pra que darlle máis voltas a caixa de cambios?
¡tómalla en quinta se fai falta!
E nisto, riu.
jueves, 30 de octubre de 2014
A Mona
Na tenda bar:
-¡Eu son mais vello ca mona aquela que facía a pera no ayuntamento de Pontareas!
-Mira que traballaba aquela mona,tiveron que retirala por vergonza.
-Por vergonza había que retirar a aljún alcalde, que bueno, tamén fan a pera bastante.
miércoles, 17 de septiembre de 2014
Shit!
A primeira ves que marchén alá pra Inglaterra votei unha semana enteira sen limpalo cú.
Durante o tempo que estiven alí non supen nunca que carallo estaba a rillar,
meu estómajo non tiña nin puta idea de como digerir aquilo,
todo tiña unha salsa poriba ou estaba rebozado, non me extrañaría ter comido as entrañas da reina madre.
O caso, miña prima e mais eu andábamos de ruta polos pubs, chicleando a dolor,
ela marchaba de volta pa Taboexa o día seginte e estabamos a comprobar cantas pintas facían falta pra doblar case a nivel calcañal.
Nisto eu sentín un peso pola zona do jueso do suan...tensión.
-Montse-dixenlle- dame a min que xa non imos triunfar hoxe
-¿Por qué?
-Cajei por min chacha
Nisto tocaron a campana de peche e toca a correr a pedi-la última,
eu tardei un pouco mais polo contrapeso.
Marcheime directa a por unha muda limpa en canto chejamos a casa dos Mchugh,
unha familia fenómena que nos acolleu naquelas terras,
a muller zampaba todolos días varios pares de lingotazos de whisky antes de ir po choio.
Mirei fijamente a desfeita das miñas brajas.
Chamei a miña prima.
Concluimos que estaban en fase terminal.
-Montse, ¡isto non hai dios que o limpie!
-Xa che dijo, ¿qué vas facer?
-Home aquí non poden quedar-reflexionei...entón tiven unha idea buenisima-.Mon, tes que levalas de volta pa España
Isto da unha pista de como me escorrejaba a neurona naquel entón,
¿A quen se lle ocurre iso?
Non colle en cabeza humana.
¿non era maís fácil tirar con elas e fuera?
ata considerei mandalas por correo, pero descarteino, logicamente, porque ijual se perdían.
pero se a min me patinaba a lo loco á miña prima non quedou atrás.
-¡Ostia! ¡Fijo!-aplaudiu entusiasmada-vou ver se hai unha bolsa e metémolas dentro que inda non pechei a maleta.
-¡De puta madre, joder, menos mal que xa marchas mañán!
-Xa che dijo, ¡senón menudo cheiro ibamos ter na habitación!
Alá fumos pra cociña a buscar unha bolsa, collémolo anaco aquel de brajas co rabo da vasoura e espetámola no fondo.
Entón xa chejamos o punto máximo de surrealismo, mirei pra Montse casi coas lágrimas nos ollos e espeteille:
-Toma, quero que llas leves á miña nai-isto xa tal cual como se eu morrera en combate e o único recordo que tivera pra ela foran unhas brajas cheas de merda.
-Iso está feito, non te preocupes que vai ser o primeiro que faja tan pronto cheje alá-prometeume.
O día sejinte, xa estando eu soa, visualicei á miña prima polo aeropuerto adiante coas brajas na maleta, ti imagínate que lle fixeran abrilo equipaje na aduana,
¡mima!
Tamén me imaginaba a cara de miña nai no momento en que a miña prima lle dixera:
-Toma Teresa, a túa filla quere que che dea isto.
-Gracias mijiña, ¿Qué é?
Eu enjruñábame toda pensando naquilo, ¡non daba entendino que carallo nos pasara pola cabeza pra chejar a tal absurdo!
¡Tiña que ser por aljo que nos votaban na comida fijo!
Días despois chejoume unha carta desde Taboexa,
nela miña nai dábame as jracias polo souvenir
e mándabame unha foto do que parecían ser unhas brajas que huberan sido arrastradas a lazo pola parroquia enteira.
miércoles, 21 de mayo de 2014
lunes, 19 de mayo de 2014
miércoles, 14 de mayo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






