miércoles, 25 de julio de 2012
Ulos?
Meu avó quería ter un rapás pra ir instruíndoo na vida nas cousas simples coma trosegar o viño ou ir de putas.
Era un día de marzo e na casa había un feixe de xente, meu avó salvouse porque desta volta á miña tía Inés faltáballe inda un mes para parir ela, xa que tivera que facer de comadrón da outra ves, un fallo de cálculo, así que meu avó puido dedicarse todo o día a chiclear ó grande.
-¡Xa naceu e é un rapás!-dixo a miña tía.
-¿é un rapás? ¡un rapas!-meu avó pegaba pinchos pola sala agarrado a Manuel do Piriquillo, un grande amigo del -¡é un rapás Manuel!
-Mira que feo é o condenado- dicía tía Inés arregañando os dentes.
-É feo mirmo, cagho en dios- sentenciou Manuel- pero ten uns collóns coma un burro.
-¡Sae o pai!, ten de ser, vamos Manuel que isto teño que celebralo.
Marcharon os dous pra a tenda da feira e invitaron a chiquitas de viño toda a tarde, meu avó non paraba de repetir que tivera un fillo que era feo coma a cona que o votou, pero que tiña uns collóns coma un burro e así ata a noite.
Xa todo o mundo sabía na parroquia que Santiago da Encurcillada tivera o rapás mais feo do puto mundo, pero que considerando o tamaño dos seus collóns iso era o de menos, pois con esas dimensións estaba destinado a triunfar por todo o alto.
-¡Sae o pai me cagho en dios!- repetía Manuel entusiasmado.
-¡Outra!- gritaba meu avó agarrado a barra polos dentes.
-Noraboa Santiagho, unha colloada coma esa non se mira todo-los días- lostregaba Manuel coma se estivera a falar dun boi nunha feira.
-Non teñas medo, non hai en toda a comarca cousa inghual.
Xuntáronse na tenda unha enchenta de xente que bebía ata polas orellas.
A señora María non daba a basto, pois había mais fulanos alí que nunha romaría.
-¡Polos collóns do burro!- cacarexaba meu avó.
-¡E polos do pai!- ruxían todos coma tolos.
Cando saíron pola porta da tenda, os que atinaron con ela á primeira, foron tropezando en manada ata que cada un tirou pro seu eido ou pro galiñeiro mais cércano.
Meu avó agarrado a Manuel e viceversa.
O chegar a casa, miña avoa chamou polo meu avó cun fío de voz bastante sospeitoso.
-Santiagho, Oia, mira ben pro teu fillo a ver que lle atopas.
-Que lle vou topar, que é un autentico macho.
-Mírao ben.
Pero meu avó ía cego e non lle miraba nada en absoluto.
-Vos non dicíades que era un home, que tiña uns collóns que era un fenómeno, mírallos ben, porque é unha raparigha.
-¡Cómo que é unha raparigha!- a meu avó baixoulle todo de golpe.
-Funo cambiar e mireino ben e ou naceu coa conicha inchada ou caíronlle.
-¡Ti seica me jodes!- meu avó zampouse sobre a criatura hermafrodita que mais tarde sería a nosa nai e efectivamente comprobou que era fea coma o demo, pero que inda poriba tiña cero collóns.
Conta miña avoa, que meu avó andivo varios días co sentido virado a falar so e buscando os lexendarios collóns do seu fillo coma se fose o santo grial.
viernes, 22 de junio de 2012
Formijas

-O outro día estiven oservando ás formijas e chejei a conclusión de que están mal orjanizadas.
-¿Por qué?
-Dan voltas e voltas pro mirmo lado, non chejan a ningún sitio, pasean o redor dunha pedra todo o día, eu que sei, estiven sejindo a unha que levaba outra formija doutra raza na boca, toda enjruñada, e deu mais voltas ca unha mona e non saliu do sitio, derónme janas de decir, ¡vaite co teu puto cadaver a tumá polo cu por ahí adiante! -Non teñen mamoria ningunha.
-¡Ningunha!
-Non sei que fan todo o puto día pra ahí a dar voltas.
-E despois póñenas de ejemplo de organización e de traballo.
-Si, tipo alemáns e fijurate ti como será iso realmente.
-Xa che dijo, oes, ¿e se fora unha formija a Merkel, de que raza viría sendo?
-Sería desas de cu rubio.
-¡Mimá!
sábado, 19 de mayo de 2012
Dos en cabestrillo, abrazados
y una mula que camina engraciada con dios.
Saldré de la tumba, saldré
y nada volverá conmigo cuando muera
en lo alto de un castaño.
Me haces la señal de la cruz
con tu saliva, y no sé nada,
soy ventana, soy ventana, soy ventana.
Déjame actuar
Obrar en silencio
Con mi túnica transparente
miércoles, 2 de mayo de 2012
Feng-shui
Tódalas mañáns, ahí hacia as 7 + ou -, desperto coa sensación de que non me corresponde ter corpo, noto que son un ente inerte que nin siquiera é capaz de coordinar os dedos dos pes, joder. Entón véñenme a cabeza un montón de plans, excusas, subterfugios etc pra quedar a dormir pra non ter que marchar po choyo, (xa sei, que sorte ter choyo e tal nos tempos que corren, debía de dar gracias a dios, cun canto nos dentes, non me podo queixar, quen lle dera a outros... en fin) o caso é que por mais voltas que lle dou o fin téñome que vestir a toda ostia e empezar co estres diario de atopar sitio pra aparcar, chegar a tempo, lava-la cara, a muda limpia, etc. Estando así, pensando nestas cousas, recordei os temas do Feng shui, sobre a colocación estratégica do mobiliario pra que as energías fluyan de tal xeito que a túa vida vaia millor, que sea unha autentica gloria vamos, e si, creo nisto porque teño un ejemplo clarísimo, e non vou dar nombres, ímoslle chamare Cropán,iso. Este home ten a súa habitación colocada de tal xeito que pra el levantarse é unha cousa extraordinaria, priciosa. Á beiriña da súa cama no canto de ter a típica mesita de noche, ten unha neveira piquirrichiña, desas de antes co congelador tipo buzón de correos, e alí garda, a parte do certificado de nacemento, varias botellas de viño, cerveza e licores varios. Enriba da neveira tenche el un tocadiscos, de tal forma que cando da media volta e sacude unha man, tropeza coa agulla e vota o tocadiscos a andar, entón a ritmo de cumbia, abre a neveiriña e saca a medicina que ten alí gardada, inmediatamente recobra a vida toda e salta da cama cunhas maracas e a camisa hawaiana posta rumbo á cociña, probablemente alí machica estilosamente unhas laranxas coas maracas pra facer zumo e lárgalle un peta alegremente. E a vivir!
lunes, 2 de enero de 2012
Vida lumpen

Choyo.Hora do xantar.
3 personajes que anteriormente iban de menú do día, e que debido a crisis teñen que aforrar jastos, deciden comer no curre.
Levan tapers de diversas formas e tamaños e séntanse nunha sala tipo fax pra darlle o dente.
personaje 1:eu truxen uns brecols, voulles dar jas aqui no micro.
personaje 2:pois eu onte non tiña janas de na, menos mal que había por alí unhas lechujas xa cortadas e dixen eu:pois ajora mandolle poriba unha lata de bonito y fiesta!
personaje 3 (atragantándose cun grano de cus-cus):A verdad é que somos uns putos lumpens, pero claro antes levábamos un tren de vida que nin dios!ajora xa estamos mais acordes ás nosas nóminas.
personaje 2: Xa che dijo!tipo ministros case.
personaje 1:estes brecols fumejan, ¿canto tempo hai que darlle ó micro?
personaje 2: 1 minuto disque, ti non te estarás pasando?
personaje 1 (sacando unha mastrujada negra do micro):pois vai ser que non.
viernes, 14 de octubre de 2011
Cousas

Haiche cousas incomprensibles.
O de pagar a Oral, por ejemplo, iso de gastar piche podo entendelo, (e cuidao que hai piches e piches)pero ¿Qué pasa coas miñas rodas? ¿Non se gastan tamén?, eu non miro que a Oral corra cos gastos de cambia-las.
O do carné de`entida eche outra.
Unha cousa obligatoria debía de ser gratis, (a escuela, os libros de texto, a morte…) se non tes nin calderilla e inda
poriba vas indocumentado multante, e digo eu, eu xa sei quen son, para que me vale a min este documento…quen é ou son os interesados en identificarnos a cada paso? Non debía ser eles quen correrán con eses gastos burocráticos?que repartan os carnés xa que son tan importantes e que nos deixen en paz home, que xa temos bastante con cubri-la quiniela.
Dentro de pouco imos pagar pola agua da chuvia hasta!
Se nos pomos neste plan eu tamén podería decir:
Eu pago os meus impuestos, ¡exijo o meu clima!
miércoles, 21 de septiembre de 2011
Fusilar a 14
Estábache eu nunha tasquiña en Cumiar a mandarlle unha taza de viño, cando fun testigo dunha conversación que andaba a rozar o surrealismo lógico sobre un fulano que morrera e que quería ser queimado.
A continuación vou a escenificar a charla que mantiveron nai e filla detrás da barra, mentras atendían os clientes con sendos mandiles de última generación.
A nai decía:
-Pero coma o van queimar por dios!
-Porque el dixo que quería que o queimaran.
-Pero dijo eu, e porque non vai pa un nicho coma dior manda home, a min pareceme mal.
-Mamá, se el dixo que cando morrera quería que o queimaran pois hai que facelo que pra iso foi a súa voluntad.
-Ah, mui ben, entón eu cando morra quero que fusilen a 14 e teñen que fusilalos que pra iso foi a miña voluntad tamén, non che parece?
-Tes unhas cousas tamén, como van fusilar a 14! a que 14 ademais?
-Iso inda teño que pensalo. Anda atendelle a Chiña que leva ahí un bo anaco que non sei que che quere.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

