lunes, 15 de diciembre de 2014

O cartel

Rogelia e Costodio andaban de ruta co Talbot Samba.
Aquel coche era a ostia, parece ser que se puña a 240 nun viralamano,
de feito sólo foron adiantados nunha ocasión por outro Talbot Samba.

-E ten unha suspensión da Virgen-recalcaba Costodio-que nunha volta atopamos uns jabalís e pasaron todos por baixo do coche sen tocalo.
-Eu inda votei un bo anaco de tempo a pasarlle a un deles a man polo lombo, acariñei nel ata Gargamala-rematou Rogelia.


Alá onde miraban un teleclú votaban o freno de man e veña, ¡a rejo cheo!
Pasaron un día por un que tiña un cartel ben jrande coas palabras mágicas.

-¡Ostia en dios, ten que ser un teleclú dos potentes que ata teñen o cartel coas luces dos puticlus!


A recú xa por alí pa dentro.


-¡Ladrillo cara a vista!-oubeou Rogelia-¡isto promete!

Entraron por aquel pasillo pra diante como unha horda de vikingos, en modo automático.
Toparonse cun surtido de raparijas pequenas a tocar uns palitroques e unha señora que as jiaba.

Obviaron este detalle ampliamente.

-¿Onde está a barra?-espetoulle directamente Rogelia á señora dos paus.
-¿Cómo?
-A barra do bar-especificou Costodio-¿Ula?
-¿Perdón?-a señora miraba pra eles como quen está diante dun porco con corbata.
-¿Non é este o teleclú?-clarificoulle despacio Costodio dándose conta de que a señora non debía ser ben.
-Si, este é-contestou mentras sinalaba hacia a explanada de nenas, cousa que eles tomaron como un síntoma de que aquela muller estaba jodida da cabeza pero bien.
-¿Entón?- a Rogelia xa estaba frenética a buscar a barra poriba da recua de rapazas, que pararan de darlle ós paus e miraban pra eles cos ollos coma rodas de muiño-¿A barra?
-¿A cantina?-traduciu Costodio nun momento de lucidez.
-Non hai.

Rogelia experimentou un síncope.
Volveu en si uns instantes pra decirlle a Costodio:

-¿Cantas levamos xa?


A señora dos paus deu media volta, fixo un gesto e veña tódalas nenas a darlle ós palitroques de novo como se tal cousa.

-¡Había que prenderlle lume a isto todo!-Bramou Costodio espumeando xa pola porta fora-¡non merece chamarse teleclú!

Iban endinados coma demos do inferno, as súas mentes non eran quen de asimilar esa información, varias venas inchábanse en diferentes partes da súa anatomía.


-¡Me cajo na santísima!- era ó máximo que articulaban.


Costodio, abriu o maleteiro e sacouse unha corda, atouna ó coche e lojo ó cartel luminoso.
Prendeu un pitillo.
Sentouse de copi votando o fume pola narís.
Chiscoulle un ollo a Rogelia e díxolle:

-¡Arrea!

Rogelia jas a fondo xa, arrancou en terceira incluso.
O Talbot Samba votou lume hasta, pero chejaron arrastro ata Empiade co puto cartel.










jueves, 27 de noviembre de 2014

O fijo


Aquel día andaba eu envinajrada a muerte,
así que decidín mandarlle máis vinajre a dolor
e discurrín de achejarme á de Abel pra suministrarme unhas dosis.

Alí taban xa o Pousas, o Pelico e mailo Lambadas, que me ventaron ó vuelo.


-Senta con nós, coma o resto dos homes-dixéronme.


Nisto chejou o Ghose cuns fijos a modo de pincho, extrordinario aquilo.
O Pelico colleu un e empezou a mazalo coma un pulpo enriba da mesa.
Aostiou naquel fijo como se fora un propio fillo.

-¿Qué fas animal?-jritoulle o Pousas-¿pero ti qué lle fas a ese fijo?

-Isto hai que darlle duro pra que estea gugoso-explicou o Pelico democráticamente.

-¡Vota cona! Ajora xa sei porque a túa muller vai con cara de amarjada a todor lados-dixo o Lambadas- Iso non se fai así, iso cóllese así o fijiño, e dáselle un masaje ó redor, suaviño, así, así.-mentras falaba frejaba no fijo como se efectivamente fora a pepitilla da muller do Pelico-ves, ajora colles, ábrelo e pápalo todo.

-Lambadas, ¡me cajo en dios! non fájalo porco co fijo.

-E coa lengua así.-espetou o Lambadas gesticulando ampliamente.

-Mira que o Ghose ten cámaras e injual tache a jrabar ajora unha porno a conta túa.

-¡Ojalá! Oíche Pelico, dille que che dea a jrabación e vai praticando, que non hai nada que me máis me joda na alma que mirar unha muller amarjada.




domingo, 23 de noviembre de 2014

4 cousas se salvan e a muita distancia unhas de outras





Atopei uns escritos tirados nunha cuneta.
A continuación vou espetalos aquí sen orden nin concierto:




-¡Dios, cantas palabras xuntas!
-Joder, son 3 adjetivos, e collen todos nunha frase, ¿pra qué vou salpicalos cada un nunha, se cunha sola aforro o traballo de enunciar 3 frases?
-Bueno.
-¿Entón qué?, ¿cres que son coma a Señorita Rottenmaier?
-¿Quén ostia é esa?
-É a que lle daba as clases a Heidi.


"¡Dios! non podo con estes bolis inútiles, cánsanme a mente antes de chejar ó papel"


Preocupación constante por un irmán suicida.
Soño cun fulano, pero non é o de sempre, senón o outro que parece máis normal, onte sonriume no bar, sabía que lojo soñaría con el, pero foi en plan culpabilidad, do tipo horny, así me vexo.
Cando está na miña compaña normalmente abúrrese, pero se ten coleguillas de puta madre.
I don´t understand.
Está claro o asunto, estou enterrada en vida, é hora de escarvar un pouco nesta merda.
Blow jobs!
&
Fuck!
¡Vamos a por a peza máis absurda neste puzzle pra que non encaixe jamás!...e veamos que ocurre...



Navidades, non sei se me gustan ou solo me gusta o recordo das navidades que si me gustaban. Todalas casas parecen puticlubs.Unha merda





Desperto, non me apetece erjerme, se volvo ler outra ves o mismo suicidareime por fin.
Chamo a un colega que parece estar en estado depresivo e está efectivamente en estado depresivo.
Nin ó vermut vai.
Vou ter que disfrazarme de Travolta.
Ou como aquela muller, que levaba unha estola feita a todas luces co pelico dun jato que morrera posiblemente electrocutado.
Estiven pensando en fuxir, parece que vivo nun reformatorio, nunha carcel, un convento, todo pechado, oscuro e frío.
Necesito cartos, muitos, pra larjarme.
Aniquilada en vida. ¡Non me rómpa-la cabeza!







Verdades Universales.
Por puntos:

Amor-Falla(mal)-2
Salud-Ben?? -6
Diñeiro-Mal -1
Familia-Mal -0
Amigos-Ben -6

Total: 15
15:5 ijual a 3
NOTA MEDIA:3
SUSPENSO
Water boils 100ºC





-Con esa actitud non vas a ningunha parte.
-¡E unha merda! teño visto xente con pior actitud chejar a todas partes. Esa non é a cuestión, a cuestión é o contexto.
Ponme na milor situación e veremos onde chejo.






"Estoupa todo sen sentido.
Ademais de soñar co tipo ese e co mar en calma, choraba porque xa acababa o curso e non nos íamos mirar.
Dividir as pertenecias.
Plays e Gamecubes.
Necesito a miña propia casa.
O buraco nejro onde se perde todo chámase Madre.
Non son un saco de Pujilista.
¡oh si!
Esperando a morte toda a puta vida.
Facendo cousas extrañas polo medio.
Tatuar á xente e prestar cartos.
The lesson:
Canalillo
respeto
triangulo
fame
acción
perna-leg
fuciño-nose"





-Espíritu doutro tempo namorase de humana mortal.Ela non atopa a ninguén pra suplir as súas carencias afectivas na súa época actual e isto débese a que algunhas almas xemelas non coinciden durante as súas vidas humanas, senón que están separadas por sijlos.
-O sea,unha pinada de cans.


jueves, 20 de noviembre de 2014

Fanta


-Andan todos acojonados- díxome o Pousas.

A súa felicidad consistía en alcoholizarse espontáneamente en calquer bar, a ser posible cos amijos. Tiña setenta e pico anos e nunca o mirei doblar.
Blanca pola mañán, tinto pola tarde, dúas de cada el solo e veña, laberinto a tope.
O médico xa lle dixera que non podía ter tanta felicidad.

-¡Me cajo no dios que os fixo!-espetoume a renglón sejido-ajora xa non podo contar nin cos amijos, eu si veño aquí é pra beber unhas botellas con eles, se eu bebo eles beben me cajo na santísima, xa lles dixen o outro día que estabamos aquí e collín catro chiquitas e empézame o Pelico, non, eu non podo que o médico quitoumo, que teño o fijado coma unha pelota, e vai e mírolle pra man e vexo que tiña unha fanta, díxenlle así: nunca pensei que chejara este día.
-Iso pensei eu o día que miña nai afeitou o bijote.
-Teñen medo da morte, pero ¿qué contrato teñen coa morte?
-Creo que é fijo discontinuo.
-Pois o meu fíjado é por obra e servicio e de momento non ten vacacións.

O Pousas valdrucou a taza en dous trajos e miroume fijamente.

-Unha Fanta tiña na man, eu pensei que me daba mal hasta.








domingo, 2 de noviembre de 2014

Absenta

¡Puro fuejo ostia!
Jarjanta abaixo
O peito a arder.
¿pra que andar con chiquitas? dixo
¿pra que darlle máis voltas a caixa de cambios?
¡tómalla en quinta se fai falta!
E nisto, riu.

jueves, 30 de octubre de 2014

A Mona


Na tenda bar:

-¡Eu son mais vello ca mona aquela que facía a pera no ayuntamento de Pontareas!
-Mira que traballaba aquela mona,tiveron que retirala por vergonza.
-Por vergonza había que retirar a aljún alcalde, que bueno, tamén fan a pera bastante.

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Shit!


A primeira ves que marchén alá pra Inglaterra votei unha semana enteira sen limpalo cú.

Durante o tempo que estiven alí non supen nunca que carallo estaba a rillar,
meu estómajo non tiña nin puta idea de como digerir aquilo,
todo tiña unha salsa poriba ou estaba rebozado, non me extrañaría ter comido as entrañas da reina madre.

O caso, miña prima e mais eu andábamos de ruta polos pubs, chicleando a dolor,
ela marchaba de volta pa Taboexa o día seginte e estabamos a comprobar cantas pintas facían falta pra doblar case a nivel calcañal.

Nisto eu sentín un peso pola zona do jueso do suan...tensión.

-Montse-dixenlle- dame a min que xa non imos triunfar hoxe
-¿Por qué?
-Cajei por min chacha


Nisto tocaron a campana de peche e toca a correr a pedi-la última,
eu tardei un pouco mais polo contrapeso.

Marcheime directa a por unha muda limpa en canto chejamos a casa dos Mchugh,
unha familia fenómena que nos acolleu naquelas terras,
a muller zampaba todolos días varios pares de lingotazos de whisky antes de ir po choio.

Mirei fijamente a desfeita das miñas brajas.
Chamei a miña prima.
Concluimos que estaban en fase terminal.

-Montse, ¡isto non hai dios que o limpie!
-Xa che dijo, ¿qué vas facer?
-Home aquí non poden quedar-reflexionei...entón tiven unha idea buenisima-.Mon, tes que levalas de volta pa España

Isto da unha pista de como me escorrejaba a neurona naquel entón,
¿A quen se lle ocurre iso?
Non colle en cabeza humana.
¿non era maís fácil tirar con elas e fuera?
ata considerei mandalas por correo, pero descarteino, logicamente, porque ijual se perdían.
pero se a min me patinaba a lo loco á miña prima non quedou atrás.


-¡Ostia! ¡Fijo!-aplaudiu entusiasmada-vou ver se hai unha bolsa e metémolas dentro que inda non pechei a maleta.
-¡De puta madre, joder, menos mal que xa marchas mañán!
-Xa che dijo, ¡senón menudo cheiro ibamos ter na habitación!

Alá fumos pra cociña a buscar unha bolsa, collémolo anaco aquel de brajas co rabo da vasoura e espetámola no fondo.
Entón xa chejamos o punto máximo de surrealismo, mirei pra Montse casi coas lágrimas nos ollos e espeteille:

-Toma, quero que llas leves á miña nai-isto xa tal cual como se eu morrera en combate e o único recordo que tivera pra ela foran unhas brajas cheas de merda.
-Iso está feito, non te preocupes que vai ser o primeiro que faja tan pronto cheje alá-prometeume.

O día sejinte, xa estando eu soa, visualicei á miña prima polo aeropuerto adiante coas brajas na maleta, ti imagínate que lle fixeran abrilo equipaje na aduana,
¡mima!
Tamén me imaginaba a cara de miña nai no momento en que a miña prima lle dixera:

-Toma Teresa, a túa filla quere que che dea isto.
-Gracias mijiña, ¿Qué é?

Eu enjruñábame toda pensando naquilo, ¡non daba entendino que carallo nos pasara pola cabeza pra chejar a tal absurdo!
¡Tiña que ser por aljo que nos votaban na comida fijo!

Días despois chejoume unha carta desde Taboexa,
nela miña nai dábame as jracias polo souvenir
e mándabame unha foto do que parecían ser unhas brajas que huberan sido arrastradas a lazo pola parroquia enteira.