viernes, 27 de noviembre de 2009

Salvoconducto


Es posible que nadie se de cuenta de que tiramos nuestras vidas con trabajos absurdos

y relaciones muertas todo el puto rato,

o sí pero seguimos haciéndolo

porque esto es la vida real y no una peli y no hay huevos para cambiar esto,

pero a veces sí los hay, sólo que no hay opciones para hacerlo.

Cuando hay opciones no hay huevos y asi equis, siempre empatando.

Melodías todas ellas extraordinarias por otra parte

¡Viva la dislexia!

Me encargaron que os dijera lo siguiente: sí pero no.

No se si saben pero era un gran interlocutor, semisonreía a todas partes obstaculizando el tráfico.

Partió de madrugada blandiendo un abanico y rugiendo a espuertas.

Se emancipó de medio lado.

No hay palabras para describir lo orgulloso que estoy de usted, Señor Becario.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Amansados


Fijeime o outro día nun detalle:

Se te quedas mirando con cara de mala ostia pros ollos da xente,
case todos apartan a vista e sigen o seu camiño sen mais.

Antes desta domesticación e facendo o mismo experimento,
probablemente chuparias unhas ostias.

Maravilleime da facilidade que temos de andar pola vida sen pilixar.
Inda que te empurren nun local ou te esmajen un pé.

Caso aparte sería colarse no ambulatorio, onde a xente maior,
a quen xa lla suda todo,
pode tranquilamente chejar as máns por menos dun pitillo.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

MADRUGAR


Sigo pensando no malísimo que é madrugar.
Non mo quita nadie da cabeza,
ademais, considero que perturba as facultades mentales e físicas hasta o mediodía polo menos.

Xa é un logro pra min recoñecer onde desperto, despois penso en porqué teño que erguerme tan cedo se é sábado,
cando caio na conta de que é martes xa levo uns bos 10 minutos de reflexión sobre o tema.
Non desperto nin debaixo da agua.
Logo cheja o ritual de prenderlle lume a taza, vota-lo azúcar no cazo ou revolver o azucareiro.
¡Pricioso!
As veces meto a taza na panera.

Acto seguido paralízome no medio da cociña intentando saber pra onde queda o Norte.

Cando por fin arranco, xa levo posto o piloto automático, e atópome de repente pasando por diante do Witiza sen darme de conta de cómo chejei alí.

viernes, 6 de noviembre de 2009

"En cal do andamio"


"Ja, o Jefe vaiche dar un capacho cheo de medallas"

jueves, 29 de octubre de 2009

Gravity


Certo día, no medio dunha timba, mantivemos unha discusión sobre varios fenómenos que nos tiñan preocupados:
a) Se vas a 180 por hora, por exemplo, e dentro do coche hai unha mosca voando, ¿esa mosca irá tamén a 180? e se frenas de golpe, e sabendo que a mosca non leva cinto, ¿por qué non se espeta unha ostia contra o parabrisas?, ¿é o mismo principio polo cal ti non morrerías se saltases no último momento antes de que se estrellara un ascensor?
b) Sabendo que parece ser que a Terra gira sobre si misma todo o día, e que ti giras con ela a unha velocidad considerable, pero non perceptible, se a Terra parase de pronto,¿Sairías disparado hacia o Universo, xa que non levas cinto ou somos como moscas? é mais, se colleras un helicóptero cun depósito de combustible potente, e te elevaras no aire en determinado punto sen moverte del durante o que tarda a Terra en dar medio giro, ¿Onde aterrizarías? ¿No mismo sitio ou 12 husos horarios mais palá?

Evidentemente, ningún de nós lle prestou atención a estas cuestións, porque cando estás botando unha timba non estás pra outra cousa.

martes, 27 de octubre de 2009

Pagar por soñar




Sempre me gustou o cine, bueno, as películas.
Supoño que porque saes un pouco da túa vida, méteste na dos outros,
e podes soñar durante un espacio de tempo considerable.

Non sei cómo, pero un día se mais, jodeuseme o choio.
De repente non era capaz de mirar unha película sen preguntarme cánto cobrarían eses fulanos, xustiño no medio dunha escena dramática ou de tensión, atopábame pensando na nómina dos actores e comparándoa coa miña.
E xa non tiña forma de parar de pensar niso.
Empecen a mirar so pelis antiguas, en blanco e negro, quería comprobar se era capaz de concentrarme millor sabendo que aqueles actores xa non cobraban nada e que estaban a dous metros baixo terra, polo menos niso eu tiña ventaxa, supostamente.

"O millor inda queda algún vivo"-calibraba eu, e cada vez miraba películas mais vellas.
Isto empezou a extenderse, cando escoitaba música, lía un libro, miraba un partido, etc,
Tiven que paralo porque eu necesito soñar e no mundo diario non hai muita facilidade pra iso.

Así que en vez de pensar nas dichosas nóminas, decidín por os soños no mais alto da lista.
Custoume un pouco enganarme de novo, pero non hai cartos que o pagen chacha.